Saltar ao contido

Nirad C. Chaudhuri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNirad C. Chaudhuri

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(bn) নীরদচন্দ্র চৌধুরী Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1897 Editar o valor en Wikidata
Bengala Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1999 Editar o valor en Wikidata (101 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Calcuta
Surendranath College (en) Traducir
Scottish Church College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, crítico literario, escritor, autobiógrafo, biógrafo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteSouth Asian Novelists in English: An A-to-Z Guide (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Chaudhuri-2


Nirad Chandra Chaudhuri CBE (a miúdo Nirad C. Chaudhuri ; en bengalí: নীরদ চন্দ্র চৌধুরী ) nado o 23 de novembro de 1897 en Kishoreganj, na India británica e finado o 1 de agosto de 1999 en Oxford, Inglaterra, foi un escritor, historiador e científico cultural bengalí.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nirad Chandra Chaudhuri foi o segundo dos oito fillos do avogado Upendra Narayan Chaudhuri (1867-1934) e da súa esposa Sushila Sundarani Chaudhurani.[2] Estudou na Universidade de Calcuta e comezou a escribir sobre temas políticos e culturais. Foi secretario persoal de Sarat Chandra Bose, irmán do líder nacionalista indio Subhash Chandra Bose e activista independentista. A partir da súa experiencia persoal con políticos indios de diversas correntes, desenvolveu unha actitude escéptica ante as aspiracións nacionalistas. Ademais do seu traballo para Bose, continuou escribindo para xornais e revistas. Desde 1941 foi comentarista político habitual de All India Radio.[3]

A casa de Chaudhuri en Oxford

En 1951 publicouse o seu libro The Autobiography of an Unknown Indian ("A autobiografía dun indio descoñecido"), no que trataba a historia e a cultura indias baixo o dominio británico. A súa postura positiva sobre a Commonwealth británica causou controversia pouco despois da independencia da India. Porén, o libro foi posteriormente contado como unha importante contribución á literatura clásica india. Admirador da cultura occidental, viaxou por primeira vez a Gran Bretaña en 1955 e reflexionou sobre esta experiencia no seu libro A Passage to England. En 1970 instalouse definitivamente en Oxford, onde viviu en Lathbury Road desde 1982 até o final da súa vida, en 1999.

Ao ano seguinte recibiu o premio Duff Cooper polo seu libro The Continent of Circe, publicado en 1965. En 1990 a Universidade de Oxford concedeulle un doutoramento honoris causa; dous anos máis tarde foi nomeado Comandante da Orde do Imperio Británico. Foi membro da Royal Literary Society. Nirad Chandra Chaudhuri mantívose activo como escritor ben entrada a vellez e, no seu centenario, publicou Three Horsemen of the New Apocalypse, unha retrospectiva do século XX.[4]

Obras (escolma)

[editar | editar a fonte]
  • 1951: The Autobiography of an Unknown Indian
  • 1959: A Passage to England
  • 1965: The Continent of Circe
  • 1967: The Intellectual in India
  • 1971: To Live or Not to Live
  • 1974: Scholar Extraordinary, The Life of Professor the Right Honourable Friedrich Max Muller
  • 1975: Clive of India
  • 1976: Culture in the Vanity Bag
  • 1979: Hinduism: A Religion to Live by
  • 1987: Thy Hand, Great Anarch!
  • 1997: Three Horsemen of the New Apocalypse
  1. Rosselli, John (1999-08-03). "Nirad Chaudhuri". the Guardian (en inglés). Consultado o 2022-07-22. 
  2. "Chaudhuri, Nirad Chandra (1897–1999), writer". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/72657. Consultado o 2022-07-22. 
  3. "Nirad C. Chaudhuri". oxonblueplaques.org.uk. Consultado o 2022-07-22. 
  4. "Three_Horsemen_of_the_New_Apocalypse". goodreads.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns web

[editar | editar a fonte]